A NOSA HISTORIA

A evolución de AGALIN

Un percorrido polos principios e obxectivos que, desde 2018, definen a maneira de entender e construír AGALIN.

2018

REFUNDACIÓN DE AGALIN

01 · OS INICIOS

Nace unha nova etapa

En 2018 refúndase a Asociación Galega de Inmobiliarias coa vontade de reunir nun mesmo espazo ás axencias que comparten unha mesma maneira de entender a profesión inmobiliaria.

02 · UNHA FORMA COMÚN DE TRABALLAR

Excelencia, claridade e transparencia

Tres principios que definen a relación cos clientes e unha maneira de exercer a actividade inmobiliaria baseada na profesionalidade, a confianza e a transparencia.

03 · COMPROMISO PROFESIONAL

Un código ético compartido

Formar parte de AGALIN implica asumir uns estándares éticos e profesionais esixentes, orientados a garantir un trato rigoroso, responsable e impecable aos clientes.

04 · UNHA REDE QUE SUMA

Colaboración e sinerxías

AGALIN promove o traballo en sintonía entre os seus asociados, compartindo procedementos, coñecemento e obxectivos para xerar beneficios tanto para os profesionais como para os seus clientes.

05 · REPRESENTACIÓN INSTITUCIONAL

Unha voz para o sector

AGALIN actúa como interlocutor ante institucións e administracións, defendendo os intereses dos seus asociados e contribuíndo á protección e ao desenvolvemento da profesión inmobiliaria.

HOXE

Unha asociación para facer máis forte o sector inmobiliario galego

Un proxecto que segue medrando, conectando profesionais e contribuíndo á evolución do sector en Galicia.

Unha asociación para facer máis forte o sector inmobiliario galego

AGALIN reúne profesionais e empresas inmobiliarias de toda Galicia para representar o sector, compartir coñecemento e impulsar unha actividade máis profesional, conectada e transparente.

Representación Sectorial

Defendemos os intereses do sector e reforzamos a súa presenza ante institucións e organismos.

Formación e coñecemento

Impulsamos a formación continua, o intercambio de experiencias e o coñecemento do mercado inmobiliario galego.

Rede Profesional

Conectamos profesionais e empresas inmobiliarias para favorecer a colaboración, a visibilidade e o crecemento compartido.

DIRECTORIO AGALIN

Atopa unha inmobiliaria asociada

Profesionais que coñecen o mercado local e comparten o compromiso de AGALIN coa profesionalidade, a transparencia e o bo facer.

A CORUÑA

37 asociadas

LUGO

1 asociada

OURENSE

2 asociadas

PONTEVEDRA

15 asociadas

Tes algunha dúbida

Se necesitas máis información sobre AGALIN, os seus servizos ou como asociarte, falamos.

Preguntas frecuentes

Consulta as dúbidas máis habituais sobre AGALIN, os seus servizos e o proceso de incorporación.

Falamos?

Se necesitas máis información sobre AGALIN, os seus servizos ou como asociarte, falamos.

AGALIN

Prefires falar directamente con nós?

Teléfono

981 796 314

Email

info@agalin.es

Enderezo

C/Inmobiliaria Santiago de Compostela

logo agalin
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.