PROPIETARIOS

Por que elixir unha inmobiliaria de AGALIN

Porque detrás de cada operación hai profesionais que traballan con criterio, transparencia e coñecemento real do mercado. En AGALIN reunimos inmobiliarias comprometidas cunha forma de facer máis clara, máis seria e máis profesional.

PROPIETARIOS

Non todas as inmobiliarias traballan do mesmo xeito

Unha inmobiliaria asociada a AGALIN comparte uns principios de actuación baseados na excelencia profesional, a claridade e a transparencia, e traballa coa responsabilidade que require unha decisión tan importante.

Que distingue unha inmobiliaria asociada?”

Compromiso ético e profesional

As inmobiliarias asociadas comparten un código ético e uns estándares de actuación baseados na profesionalidade, a responsabilidade e o bo facer

Transparencia en todo o proceso

Información clara, comunicación directa e acompañamento para que saibas en cada momento como evoluciona a xestión da túa propiedade.

Coñecemento do mercado local

Profesionais que traballan no territorio e coñecen a realidade, os prezos e a evolución do mercado inmobiliario galego.

Unha rede que multiplica posibilidades

A colaboración entre asociados permite compartir coñecemento, contactos e oportunidades en beneficio dos clientes.

O importante é como te acompañan

Antes

· Escoitamos as túas necesidades e analizamos a túa situación.

· Aconsellámoste sobre o valor real da túa vivenda

· Explicámosche con claridade todas as opcións.

  •  

Durante

· Encargámonos da comercialización con estratexias profesionais.

· Mantémoste informado sobre as visitas e o interese xerado.

· Asesorámoste na negociacións, sempre o teu interese por diante.

Ata o final

· Acompañámoste en toda a tramitación e documentación.

· Coordinación cos demais profesionais implicados no proceso.

· Seguimos ao teu lado ata o peche da operación.

DIRECTORIO

Atopa unha inmobiliaria asociada preto de ti

Consulta o directorio de AGALIN e contacta cun profesional asociado na túa zona.

Tes algunha dúbida

Se necesitas máis información sobre AGALIN, os seus servizos ou como asociarte, falamos.

Preguntas frecuentes

Consulta as dúbidas máis habituais sobre AGALIN, os seus servizos e o proceso de incorporación.

Falamos?

Se necesitas máis información sobre AGALIN, os seus servizos ou como asociarte, falamos.

AGALIN

Prefires falar directamente con nós?

Teléfono

981 796 314

Email

info@agalin.es

Enderezo

C/Inmobiliaria Santiago de Compostela

logo agalin
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.