Datos, tendencias e percepción
profesional desde o territorio.
O Barómetro AGALIN recolle periodicamente a visión das inmobiliarias asociadas para coñecer a evolución da compravenda, o alugueiro e os principais cambios que afectan ao sector inmobiliario en Galicia.
O Barómetro AGALIN é unha análise periódica elaborada a partir das respostas das inmobiliarias asociadas, que ofrece unha visión real e actualizada da situación do mercado inmobiliario galego.
A través da experiencia directa dos profesionais do territorio, permite coñecer a evolución da compravenda, o alugueiro e as principais tendencias que afectan ao sector, ofrecendo información útil para entender o presente e anticipar cambios.
COMPRAVENDA
Evolución da demanda, operacións, prezos e perfil dos inmobles.
ALUGUEIRO
Oferta, demanda, prezos e comportamento do mercado.
TENDENCIAS
Percepción profesional, cambios no sector e previsións.
ÚLTIMO BARÓMETRO DISPOÑIBLE
2026
1º trimestre do ano
Análise da evolución da compravenda, o alugueiro e a situación xeral do mercado inmobiliario galego durante os primeiros meses de 2023, con previsións para o resto do ano.