• O congreso, organizado por AGALIN, terá lugar os días 18 e 19 de abril no auditorio Palexco (A Coruña) e xa ten á venda as entradas en www.agalin.es.
  • Ademais de profesionais do sector, participarán representantes dos Concellos da Coruña, Oleiros e Santiago de Compostela, así como do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

O V Congreso Inmobiliario de Galicia, organizado pola Asociación Galega de Inmobiliarias (AGALIN) celebrarase os días 18 e 19 de abril no auditorio Palexco da Coruña e xa ten á venda entradas na súa web: www.agalin.es. Durante estes dous días a declaración de zonas tensionadas, os pisos turísticos, a aplicación de intelixencia artificial e as tendencias en construcción (sustentabilidade, responsabilidade social corporativa…) serán algúns dos temas principais do programa.

Para debatir estes temas participarán, ademais de profesionais no seu campo (posicionamento web, mercado financieiro ou intelixencia artificial, entre outros), representantes dos Concellos da Coruña, Oleiros e Santiago de Compostela, así como do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Na edición de 2023, o congreso contou con relatores de  primeiro nivel procedentes tanto do sector como das administracións públicas ou de entidades públicas e privadas relacionadas co mercado inmobiliario.

AGALIN: Historia e obxectivos

AGALIN é a maior asociación inmobiliaria de Galicia. Naceu en 2018, cando non existía un tecido asociativo no mercado inmobiliario galego. A asociación ten participado en moitos dos programas que se están a desenvolver no sector, como os do IGSV sobre bonificación de seguros en vivendas destinadas a aluguer de longa duración, ou o de vivenda baleira.

A nova xunta directiva (renovada en marzo de 2024) está formada por Emma Martínez de la Fuente, de S2M Servicios Integrales, como presidenta; Emilio García, de Galician Homes, como vicepresidente; Álvaro Canosa, de Inmonosa, como tesoureiro; Vicente Martínez, de Apóstol Inmobiliaria, é o secretario. Fernando Casas, da axencia Miraben, actúa como vicesecretario.